Curso A perspectiva de xénero no cine

Información del evento
Inicio:
2 de Xullo de 2018
Finalización:
6 de Xullo de 2018

Na semana do 2 ao 6 de xullo celebrarase o curso de verán da USC titulado "A perspectiva de xénero no cine".  

A  matrícula estará aberta ata o 23 de xuño e poderá facerse a través da seguinte páxina web:  www.usc.es/cultura/veran

Con este curso preténdese analizar, dende unha perspectiva transversal xurídica e audiovisual, como se representa e trata a figura da muller no cine, pois non cabe dúbida de que o sétimo arte é un grande escaparate que exerce certa influencia no público. O obxectivo principal será espertar entre os asistentes certo espírito crítico sobre temas que nos parecen preocupantes, como a violencia de xénero ou a discriminación laboral da muller.

O programa pódese consultar aquí.  

Os filmes que se proxectarán son: Veronica Guerin, A dama de ferro, A muller do animal, Douche os meus ollos, Na terra dos homes, Os fenómenos, 678, As irmás da Magdalena, As sufraxistas e As mulleres de verdade teñen curvas.

Intervirán: Milagros Otero Parga, Jorge Pan Varea, Mª Teresa Hernández Armentia, Paz Filgueira, María Castro Corredoira, Áurea Sánchez Puente, Yolanda Maneiro Vázquez, Patricia Vázquez, Esteban Pereira Fredes, Jessica Núñez Rego, María Paz García Rubio e Moncho Lemos

A USC recoñece con  2 créditos ECTS a asistencia a este curso.
Ademáis, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento “Historia, Xeografia e Historia da Arte”, acordou recoñecer con 10 horas pola asistencia a este curso aos alumnos de doutoramento. 

As  taxas son as seguintes:   
Matrícula ordinaria: 120 euros 
Matrícula reducida: 70 euros (para estudantes universitarios de
calquera Universidade, de bacharelato ou formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antiguos Alumnos da USC e PDI e PAS da USC).  

Vexa todo