Arte, religión y Derechos Fundamentales. La libertad de expresión artística ante la religión y los sentimientos religiosos (algunos apuntes al hilo del caso Javier Krahe)
Anuario de Derecho Civil, Tomo LXVII, fasc. II, pp. 357-493
Año: 2014
Autor/a:
María Paz García Rubio.
O artigo parte do caso coñecido polo Xulgado do Penal núm. 8 de Madrid en 2012 contra o cantante e compositor Javier Krahe. O Xulgado tivo que valorar se o imputado violara o artigo 525.1 do Código penal, que sanciona a ofensa pública contra os sentimentos relixiosos. O obxecto do caso centrábase no vídeo titulado «Como cociñar a un Cristo» que fora feito por Krahe e un amigo en 1977 e emitido de novo por unha canle de televisión en 2004. A pesar de que a sentenza non os condenou, o caso reabriu o debate sobre a necesidade de establecer os límites entre a liberdade de expresión artística e a ofensa aos sentimentos relixiosos. Despois de analizar o estado da cuestión no ámbito europeo, a autora sostén que o artigo 525.1 do Código penal non é conforme coa Constitución na medida en que limita indebidamente o dereito fundamental á liberdade de expresión artística. Sostén que esta limitación non pode xustificarse polo respecto ás crenzas relixiosas doutras persoas, posto que este último non está amparado polo dereito fundamental á liberdade relixiosa do artigo 16 da Constitución.