Presentación


O grupo De Conflictu Legum (DCL)

A institucionalización na USC da categorí­a «grupo de investigación» como unidade básica e nuclear da investigación universitaria foi a escusa para formalizar o que existí­a de facto desde facía uns quince anos: un grupo de persoas traballando en común en diversos ámbitos do Dereito privado, máis aló do constrenximento das aínda hoxe vixentes áreas de coñecemento. Investigadores do Dereito internacional privado e do Dereito cunha traxectoria consolidada.

O tránsito cara a De conflictu legum ( GI-1147 da USC) apenas supuxo encher un formulario informático, asumindo o nome da colección de monografí­as xurídicas que editamos desde o ano 2000. E se a denominación quizais foi casual na colección (inspirada na obra de Ulrich Huber, De Conflictu Legum Diversarum in Diversis Imperiis), a referencia ao Grupo convértea nunha declaración de intencións. A nosa investigación xurídica ten por obxecto o mundo. Desde o máis próximo Dereito civil galego ata os esforzos internacionais de unificación ou harmonización do Dereito privado.

En 2006 De conflictu legum participou na primeira convocatoria do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, en réxime de concorrencia competitiva, promovido pola Consellerí­a de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Fomos o único grupo de investigación xurídica da Comunidade Autónoma acredor dunha axuda como Grupo de Referencia Competitiva. O Grupo participou tamén na última convocatoria de 2017: fomos o único Grupo de investigación xurídica da Comunidade Autónoma acredor do mesmo recoñecemento como Grupo de Referencia Competitiva.

Durante un tempo o Grupo creceu, incorporando novas investigadoras principais, investigadoras Juan da Cerva e novos investigadores e investigadoras en formación. A súa consolidación foi imposible nun alarde de escapismo argumental entre a crise e a incompetencia das autoridades nacionais, autonómicas e da propia USC. Hoxe asistimos a como investigadoras funcionarias buscan o seu recoñecemento en institucións de recoñecido prestixio como o Max Planck Institut en Luxemburgo ou a World Maritime University en Suecia. Parabén a quen se enche a boca con grandilocuentes palabras sobre nosa USC e se afána en empequenecela!

Nesta páxina web proporciónase información sobre a singularidade do Grupo De conflictu legum. Un Grupo que mantén o pulso do seu compromiso coa investigación punteira a pesar de todos os factores institucionais que reman na súa contra.

La institucionalización en la USC de la categorí­a «grupo de investigación» como unidad básica y nuclear de la investigación universitaria fue la excusa para formalizar lo que existí­a de facto desde hacía unos quince años: un grupo de personas trabajando en común en diversos ámbitos del Derecho privado, más allá del corsé limitador de las aún hoy vigentes áreas de conocimiento. Investigadores del Derecho internacional privado y del Derecho con una trayectoria consolidada.