Crisis matrimoniales y la reforma de las reglas domésticas españolas de competencia judicial internacional: paso adelante o paso atrás
Revista Jurídica Digital UANDES, Vol. 2, Nº. 2, págs. 1-17
Año: 2017
Autor/a:
Javier Maseda Rodríguez.
Este traballo ten por obxecto analizar a recente reforma das normas domésticas españolas de competencia xudicial internacional en materia de crises matrimoniais. Estas regras son aplicables en certos casos aínda cando a vinculación dos operadores xurídicos españois (e dos Estados membros da UE) polo Regulamento (CE) núm. 2201/2003, do Consello, do 27 de novembro de 2003, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia matrimonial e de responsabilidade parental. Examínase a nova normativa doméstica na súa comparación coa derrogada, coa intención de determinar se mellora o sistema ou, por contrario, non había razón para modificar o réxime anterior.