Descripción de las fincas en el SIGPAC* como nuevo instrumento individualizador. su incidencia en Castilla y León
Revista Jurídica de Castilla y León, núm. 10, pp. 329-358.
Año: 2006
Autor/a:
Margarita Herrero Oviedo.
A defectuosa identificación das fincas vén sendo unha constante ao longo da nosa Historia. Dada a importancia que posúe en distintos ámbitos unha exacta individualización e identificación das fincas foron varios os mecanismos que se estableceron para, con máis ou menos éxito, lograr este fin. Nos tempos máis recentes alcanzou gran repercusión un sistema de identificación xeográfica das fincas instaurado pola Unión Europea co obxecto de controlar unha eficaz xestión das axudas outorgadas ao amparo da Política Agrícola Común. Dada a elevada superficie rústica que ten a nosa Comunidade Autónoma, así como a importancia económica das axudas da Unión Europea percibidas polos agricultores de Castela e León, a implantación do SIGPAC está a ter unha especial incidencia no sector agrícola; o seu establecemento, xunto coa reforma da Política Agrícola Común, está a facer saír á luz numerosas disfuncións que, con todo, non logran embazar o valor do sistema. Agora ben, para que os grandes esforzos realizados no noso país co obxecto de obter unha imaxe o máis exacta posible da superficie non se vexan anulados resulta imprescindible unha continua actualización e renovación das bases de datos do SIGPAC