La mercantilización del Derecho Civil
A propósito del Anteproyecto de Código Mercantil en materia de obligaciones y contratos
Boletin del Ministerio de Justicia, Año LXIX, num. 2178, pp. 1-32
Año: 2015
Autor/a:
María Paz García Rubio.
O Anteproxecto de Código Mercantil crea un concepto extraordinariamente amplo do "mercantil". A isto engádese a inclusión dun libro sobre parte xeral das obrigas e contratos mercantís e outro sobre contratos mercantís en particular, que, de ser aprobados, relegaría ao dereito civil unha función meramente residual. Esta opción, motivada polo desexo confesado de garantir que algunhas Comunidades Autónomas non poidan lexislar en materia contractual, a fin de preservar a unidade de mercado, presuntamente ameazada, é inédita no marco comparado máis relevante, non se xustifica desde o punto de vista técnico e é, ademais, en opinión da autora, inconstitucional. Por iso avógase pola retirada de ambos os libros e a recodificación da materia de forma unificada no seu seo natural, que é o Código civil.