La reformulación por la Ley 41/2003 de la delegación de la facultad de mejorar

Anuario de derecho civil, vol. 61, núm. 1, pp. 57-112. Año: 2008
Autor/a: María Paz García Rubio.

A figura tradicionalmente coñecida como «delegación da facultade de mellorar», recollida na versión orixinal do artigo 831 do CC, presentou dende a súa incorporación ao texto codificado un atractivo para a literatura xurídica moi alonxado da súa efectiva importancia práctica. Nin o parco tenor literal primeiro, nin a modificación producida en 1981 destinada a incrementar o seu uso, puideron superar o que para algúns respondía á falta de tradición e arraigo e para outros era o resultado dos abundantes problemas prácticos ocasionados por unha institución extraña ao sistema sucesorio do CC. A farragosa e reglamentista versión dimanante da Lei 41/2003 semella un novo intento de dar un impulso a unha institución cuxa bondade acreditaron sobradamente algúns ordenamentos «forales» (hoxe autonómicos) que conteñen institucións parecidas. Sen dúbida, o seu forzado encaixe nunha lei destinada a cumplir uns fins que sólo indirectamente coinciden coa figura que nos ocupa, a ausencia dun abordaxe medianamente completo da reforma do réxime sucesorio do Código, cuxa obsolescencia a doctrina ven denunciando dende fai décadas, e la defectuosa técnica lexislativa de que adolece a nova e complexa redacción seguen invitando ao intérprete a buscar as mil e unha aristas da fiducia sucesoria recollida no precepto. Que o novo texto vaia a servir ademáis para cumplir os desexables fins que probablemente estaban na mente do lexislador é moito máis discutible.