Las obras cinematográficas en el marco del convenio de Berna para la protección de las obras literarias y artísticas: apuntes en torno al art. 14 Bis Convenio de Berna
Este traballo ten por obxecto a análise do art. 14 bis Convenio de Berna regulador da autoría e/ou titularidade orixinal dos dereitos de propiedade intelectual sobre as obras cinematográficas no ámbito internacional. Por unha banda, e nun contexto de pluralidade lexislativa nacional, encárgase de sinalar a necesidade dunha resposta conflictual, en ausencia dunha norma material común determinante da autoría dunha obra cinematográfica. Por outra, encárgase de analizar o referido art. 14 bis Convenio de Berna e as súas solucións, en concreto, a remisión que fai á lex loci protectionis e as restricións que o lexislador da Unión de Berna incorpora ao seu alcance, sinalando as súas escasas bondades, e, sobre todo, aquelas carencias que o converten nun precepto escasamente útil na práctica.