Maternidad subrogada: dilemas éticos y aproximación a sus respuestas jurídicas

Anales de la Cátedra Francisco Suárez, núm. 52, pp. 67-89 Año: 2018
Autores: María Paz García Rubio y Margarita Herrero Oviedo.
A maternidade subrogada constitúe un dos temas máis controvertidos entre os moitos desta índole que afectan ó uso e disposición do corpo da muller. Razóns de índole ética, sociolóxica e xurídica converxen para argumentar a favor e en contra dunha práctica que, queramos ou non, se atopa cada vez máis extendida. Ó igual que sucede noutros temas relacionados co corpo feminino, como o aborto ou a prostitución, as diferentes posturas están cada vez máis distanciadas e os márxenes para alcanzar puntos de encontro resultan demasiado estreitos. Estamos convencidas de que o primeiro deber académico é fuxir dunha neutralidade simple que a todos contente; pronunciarse con argumentos é a tarefa que nos corresponde e o que, sabendo o risco que corremos e de que a nosa postura tampouco pode ser definitiva, este traballo pretende.