Motivos de denegación de la ejecución material de una resolución extranjera y motivos de denegación de su ejecutividad: alegación y procedimiento de exequátur

Dereito: Revista xuridica da Universidade de Santiago de Compostela, Nº Extra 1, págs. 265-300 Año: 2013
Autor/a: Javier Maseda Rodríguez.
Este traballo ten por obxecto valorar, a través dunha cuestión prejudicial exposta no seu momento #ante o TJUE e, basicamente, desde a óptica do Regulamento (CE) núm. 44/2001 do Consello, do 22 de decembro de 2000, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil, o tema da imposibilidade de alegación dos motivos de denegación ou suspensión da execución material dunha resolución estranxeira na fase relativa ao procedemento tendente á obtención do título declarativo de executividade ou exequátur, @teniendo en cuenta como pode afectar a toda esta problemática a próxima aplicación de novo Regulamento (UE) núm. 1215/2012, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2012, relativo á competencia xudicial, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil, que elimina o procedemento tendente á obtención do título declarativo de executividade.