Procesos paralelos en materia de crisis matrimoniales: régimen de la litispendencia (y acciones dependientes) intracomunitaria

Revista electrónica de estudios internacionales (REEI), Nº. 38 Año: 2019
Autor/a: Javier Maseda Rodríguez.
Este traballo ten por obxeto a análise da regla da litispendencia intracomunitaria do art. 19 do Regulamento (CE) 2201/2003 en relación exclusivamente cos procedementos paralelos de separación xudicial, divorcio e nulidade matrimonial. Tendo en conta a ftura aplicación do Regulamento (UE) 2019/1111, que sustituirá ao Regulamento (CE) 2201/2003, examinase a natureza ríxida desta regra, valorando as posibildiades de flexibilización do prior tempore con especial referencia á figura do forum non conveniens en materia matrimonial. Asi mesmo, a cuestión da identidade das partes, obxeto e causa nos procesos paralelos matrimoniais, prestando especial atención ás accións dependentes e aos desaxustes que unha aproximación que equipara as institucións da separación xudicial, o divorcio e a nulidade matrimonial, pode xerar respecto dos obxectivos do Regulamento 2201/2003. Determinado o momento de inicio dos procesos matrimoniais a efectos de litispendencia, especialmente, a influencia de eventuais fases previas obrigatorias de conciliación entre cónxuxes, estúdase o comportamento procesual esixido pola norma ao primeiro e segundo órgano xurisdicional, dedicando un epígrafe á posibilidade de transferencia de accións paralelas, de problemática importante e de difícil resposta, sobre todo en canto aos aspectos conflictuais relativos á acción transvasada, terminando cunha referencia á relación existente entre litispendencia intracomunitaria e divorcio notarial español.