Reflexiones en torno al régimen aplicable a las reclamaciones relativas a responsabilidad no contractual en el ámbito judicial europeo
Dereito, Revista xuridica da Universidade de Santiago de Compostela, vol. 19, nº 2, pp. 177-235
Año: 2010
Autor/a:
Javier Maseda Rodríguez.
Este traballo dedícase, por unha banda, á análise daqueles elementos relevantes que permiten identificar a materia obrigacións non contractuais dende unha óptica comunitaria, a saber, Regulamento 44/2001 regulador da competencia xudicial internacional e recoñecemento de resolucións estranxeiras, e Regulamento Roma II relativo á lei aplicable ás obrigacións extracontractuais, poñendo de manifesto, sobre todo, as dificultades existentes cara unha interpretación coherente e integrada de ambos instrumentos, así como dende a óptica da pluralidade de Convenios especiais que, no ordenamento xurídico español, regulan así mesmo a competencia xudicial internacional, o recoñecemento e a lei aplicable respecto de certos danos non contractuais. Por outra banda e como consecuencia do anterior, procederase así mesmo á análise das cláusulas de compatibilidade entre os Regulamentos comunitarios e os distintos Convenios específicos na materia, de alcance diferente en función do sector regulado e a súa vixencia actual ou futura.