Coloquio Internacional "Les perspectives de recodification du Droit de la vente en France et en Espagne", Poitiers, Francia
- Inicio:
- 4 de Outubro de 2018
- Finalización:
- 5 de Outubro de 2018
Os días 4 e 5 de outubro celebrouse na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de Poitiers, Francia, o Coloquio Internacional “Les perspectives de recodification du Droit de la vente en France et en Espagne”, organizado por L'Equipe de Recherche en Droit, da citada Universidade de Poitiers, en colaboración cos grupos de investigación Dereito Privado Europeo e De Conflictu Legum, da Universidade de Santiago de Compostela.
Profesores de Dereito civil de distintas universidades españolas e francesas reuníronse en Poitiers para debatir sobre a lexislación vixente en materia de compraventa e os traballos de recodificación que se están realizando en ambos países para actualizar devandita regulación á luz do moderno Dereito de contratos.
Non só se abordaron cuestións de fondo, atinxentes ás específicas innovacións do Dereito da compravenda (como a noción e contido do contrato, a manifestación do consentimiento, a transmisión da propiedade, a asignación dos riscos da cousa vendida, as obrigas do comprador e vendedor ou os remedios do incumprimento), senon que se explicou a distinta metodoloxía coa que os lexisladores españois e franceses afrontaron, e siguen afrontado, a tarefa recodificadora.
Do mesmo xeito, e co fin de facilitar a comprensión das diferencias, similitudes e particularidades existentes, intercaláronse as ponencias españolas e francesas referidas ás mesmas cuestións, posibilitando así unha continua comparativa entre ambos sistemas.
Por parte da USC, ademáis do Profesor Lete Achirica e do Doutor Pazos Castro, presentaron diversas ponencias e comunicacións a Profesora García Rubio e o Investigador Ignacio Varela Castro, do Grupo De Conflictu Legum.