[Coloquio internacional] A tradución ao francés da Proposta Revisada para a Modernización do Dereito de Obrigas e Contratos
Ciclo de seminarios sobre la propuesta de modernización del Código Civil español
- Dirección:
Sala de juntas, Facultad de Derecho USC
- Inicio:
- 23 de Outubro de 2025
A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) será a sede do Coloquio Internacional: "A tradución ao francés da proposta revisada para a modernización do dereito de obrigas e contratos". A xornada académica celebrarase o vindeiro xoves, 23 de outubro de 2025, a partir das 9:30 horas. Este encontro de alto nivel, organizado polo grupo de investigación da USC De Conflictu Legum, en estreita colaboración coa Université de Poitiers e o prestixioso Institut Jean Carbonnier, reunirá a destacados xuristas e académicos para debater sobre un dos proxectos de reforma lexislativa máis relevantes en España e o seu impacto no contexto xurídico europeo.
O evento desenvolverase nun formato híbrido para facilitar a participación tanto presencial como a distancia, previa inscrición.
Esta xornada enmárcase no proxecto de investigación "A ineludible modernización do dereito de obrigas e contratos do Código Civil español" (PID2022-138891NB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Axencia Estatal de Investigación e fondos FEDER, e conta co apoio do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas da Xunta de Galicia.