[Congreso internacional] Artistas Marginales: Propuestas de regulación jurídica para un colectivo olvidado

5 y 6 de octubre de 2023

Información del evento
Lugar:
Facultade de Dereito USC
Inicio:
5 de Outubro de 2023  |  5 de Outubro de 2023
Finalización:
6 de Outubro de 2023

Os días 5 e 6 de outubro de 2023 celebrarase na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela o Congreso Internacional "Artistas Marxinais: Propostas de regulación xurídica para un colectivo esquecido". 

Este Congreso continúa o estudo e debate iniciado cos seminarios de aproximación xurídica celebrados entre marzo e maio de 2023 (véxanse os resumos aquí, aquí e aquí) a diferentes manifestacións artísticas que actualmente se atopan á marxe, ou polo menos non no foco, da súa análise desde o punto de vista xurídico.

Trataranse as temáticas do art brut, dos artistas con discapacidade, dos intérpretes rueiros, da arte urbano e dos artistas de grafiti. Por unha banda, contaremos con relatores expertos tanto do mundo da academia, como do profesional e da administración; por outro, realizaranse mesas redondas e debates nos que participarán artistas dos tres colectivos a estudar.

Participación e inscrición no Congreso

A participación poderá ser presencial ou en liña. 

A participación en calidade de asistente ten un custo de 15€, e a de comunicante de 25€. Os ingresos realizaranse na conta bancaria ES40 0049 2584 9022 1400 2210 (Banco Santander, Titular: Universidade de Santiago de Compostela; CIF: Q1518001A; SWIFT-BSCHESMM) facendo constar o nome da persoa comunicante e figurando como concepto: Artistas 5025.I3RR.64700.  

A inscrición entenderase realizada:   Cubrindo o seguinte formulario [Formulario de inscripción]

Enviando copia do xustificante de pago da cota de inscrición ao email congreso.artistasmarginales@usc.es  O prazo de inscrición é ata o día 28 de setembro de 2023.

Comunicacións

Poderá presentarse comunicación sobre algunha das temáticas do congreso: art brut, artistas con discapacidade, intérpretes rueiros, artistas de grafiti, arte urbana. As linguas utilizadas poderán ser o castelán, galego, catalán, portugués, inglés ou italiano. Será necesario enviar un abstract da comunicación (entre 300-500 palabras) ao email congreso.artistasmarginales@usc.es antes do día 28 de setembro de 2023.  

Outras informacións

Atópase en tramitación a posibilidade de solicitar un crédito transversal para aqueles alumnos da Universidade de Santiago de Compostela que cursen:  (1) Grao en Dereito, (2) Dobre grao en Dereito e Relacións Laborais, (3) Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural, ou (4) Grao en Xestión cultural, a condición de que se acredite a asistencia a un mínimo do 80% do Congreso. Así mesmo, facilitarase bibliografía de interese sobre os eixos temáticos do Congreso  a través do Campus Virtual e deberá realizarse un breve test final dos contidos básicos expostos no Congreso.