Curso de Verán "A familia no novo réxime da discapacidade"

Información del evento
Lugar:
Facultade de Dereito
Inicio:
19 de Xullo de 2021
Finalización:
21 de Xullo de 2021

Información sobre a matrícula

Curso da Universidade de Verán de 25 horas e dous créditos ECTS.

Plazo de matrícula: dende o 10 de maio ata o 9 de xullo.

Importe de matrícula: taxa xeral, 120€; taxa reducida (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC), 70€.

Seguro de accidentes e asistencia en viaxe: a parte da taxa, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2020-21 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2020/21 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 18,95 €.

Plataforma para a inscripción.

Programa do curso.

Descrición de contidos

O obxectivo deste curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica do Proxecto de Lei polo que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade que actualmente se está tramitando nas Cortes e cuxa aprobación é inminente.

Trátase dun cambio lexislativo de gran calado dirixido a cumprir cos ditados do artigo 12 da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade; unha reforma que afectará transversalmente a tradicionais ramas do Dereito privado e ás súas leis máis importantes. Por citar tan só algunha delas, modifícanse numerosos artigos do Código civil español, así como outras leis xerais, como a Lei de Axuizamento Civil ou a Lei de Rexistro Civil.

Pero, ante todo, trátase dunha modificación de gran entidade porque as ideas clave sobre as cales senta a reforma representan un cambio sustancial na concepción que a sociedade e o ordenamento xurídico teñen das persoas con discapacidade. Estas ideas clave –de xeito moi resumido– son en esencia tres:

En primeiro lugar, recoñécese a plena capacidade xurídica a todas as persoas, con e sen discapacidade, entendendo por capacidade xurídica tanto a aptitude para ser titular de dereitos como a posibilidade de exercitalos. En segundo lugar, e como consecuencia do anterior, co fin de respectar a mencionada plena capacidade xurídica da persoa con discapacidade, o novo modelo que senta a reforma cambia os mecanismos “substitutivos” na toma de decisións que afectan á persoa con discapacidade por un sistema de “apoios” para que esa persoa poida tomar as súas propias decisións. En terceiro lugar, e para evitar que a reforma quede nun mero cambio no papel e que os mecanismos de apoio poidan ser terxiversados e amparen, na práctica, a substitución da persoa con discapacidade na toma das decisións que lle afectan, a reforma articula una serie de garantías para asegurar o respecto dos dereitos, a vontade e as preferencias da persoa con discapacidade.

Co obxectivo de analizar tanto o contido teórico e normativo da reforma coma os seus aspectos prácticos, prestando especial atención ao papel da familia como un dos apoios esenciais das persoas con discapacidade, o curso estrutúrase sobre tres tipos de actividades: un total de doce conferencias que analizarán de forma transversal o significado e impacto da reforma, dúas mesas redondas nas que destaca particularmente o labor notarial e uns talleres protagonizados por distintas asociacións dedicadas ao apoio de persoas con discapacidade e as súas familias.