"Harmonisation of contract law for an European internal market without the UK"
- Inicio:
- 6 de Abril de 2017
- Finalización:
- 6 de Abril de 2017
Hugh Beale, un dos principais expertos internacionais en dereito de contratos, visitará Compostela os días 6 e 7 de abril. Profesor da Universidade de Warwick e investigador senior Fellow no Commercial Law Center na Universidade de Oxford, membro do grupo de traballo da área de Dereito de Contratos da Comisión Europea é o editor, xunto con Ole Lando, dos Principios europeos do dereito contractual. O seminario será o 6 de abril, ás 19:00 horas, no edificio do Centro de Estudos Avanzados (parque Vista Alegre) na sesión inaugural do Foro Xurídico do CEA, organizada en colaboración coa Facultade de Dereito da USC e o Grupo de Investigación Conflictu Legum. Hugh Beale impartirá unha conferencia sobre "Harmonización do dereito de contratos para un mercado interno europeo sen o Reino Unido". A asistencia é gratuíta previa confirmación no correo electrónico:
centro.estudos.avanzados-secretaria@usc.es.
http://www2.warwick.ac.uk/fac/soc/law/people/hugh_beale/
Para acceder ou vídeo da conferencia, fai clic aquí aquí