[Nota de coloquio internacional] A tradución ao portugués e ao italiano da proposta de modernización do cc en materia de obrigacións e contratos
Ciclo de seminarios sobre la propuesta de modernización del Código Civil español
- Dirección:
Sala de profesores, Facultad de Derecho USC
- Organiza:
- Grupo de investigación De Conflictu Legum. En el marco del proyecto [Ref. PID2022-138909NB-I00] «La inaplazable modernización del derecho de obligaciones y contratos del Código civil español»
- Inicio:
- 24 de Abril de 2026
O pasado 24 de abril, a Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o coloquio internacional "A tradución ao portugués e ao italiano da Proposta de Modernización do CC en materia de Obrigas e Contratos". O evento, organizado polo Grupo de Investigación De Conflictu Legum, foi dirixido pola catedrática María Paz García Rubio e coordinado polo secretario e investigador predoutoral Hernán Cortez.
A xornada centrouse na revisión técnica dos problemas conceptuais e as decisións terminolóxicas derivadas da tradución da Proposta ás linguas da nosa contorna xurídica. As sesións estruturáronse do seguinte xeito:
Versión portuguesa: Interviñeron Nuno Pinto Oliveira (Supremo Tribunal de Justiça / Universidade do Minho) e Julia Ammerman Yebra (USC), nun panel moderado por Margarita Herrero Oviedo (USC).
Versión italiana: Contou cos relatorios de Vincenzo Barba (Università di Roma "La Sapienza") e Ignacio Varela Castro (USC), baixo a moderación de Marta Otero Crespo (USC).
Debates comparados: Na sesión da tarde, moderada por Carolina Mesa Marrero (Universidade das Palmas de Gran Canaria), Jorge Morais Carvalho (Universidade Nova de Lisboa) abordou a figura do consumidor no Código Civil a partir da proposta española, e Andrea Nicolussi (Università Cattolica del Sacro Cuore) analizou a obriga como categoría funcional.
A clausura e presentación de conclusións correu a cargo do profesor Javier Lete Achirica (USC).
Este encontro forma parte das actividades do proxecto de investigación sobre A inaprazable modernización do dereito de obrigas e contratos do Código Civil español.
