[Nota de seminario] A modificación convencional da responsabilidade na Proposta de modernización do Código civil
Ciclo de seminarios sobre la propuesta de modernización del Código Civil español
- Dirección:
Sala de profesores, Facultad de Derecho USC
- Organiza:
- Grupo de investigación De Conflictu Legum. En el marco del proyecto [Ref. PID2022-138909NB-I00] «La inaplazable modernización del derecho de obligaciones y contratos del Código civil español»
- Inicio:
- 19 de Febreiro de 2026
O grupo De Conflictu Legum organizou unha nova sesión do Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código civil español, que contou nesta ocasión coa profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Julia Ammerman Yebra, como relatora. A profesora abordou o tema «A modificación convencional da responsabilidade na Proposta de modernización do Código civil».
O evento celebrouse o 19 de febreiro ás 17:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e foi retransmitido simultaneamente a través de Teams. Tras a exposición da profesora Ammerman, abriuse unha quenda de preguntas e intervencións na que participaron as persoas asistentes.
