[Nota do seminario] Persoas con discapacidade, testamento e decisións sobre a saúde

Información del evento
Dirección:

Facultad de Derecho USC

Organiza:
Grupo de investigación de Conflicto Legum. En el marco del proyecto [Ref. PID2022-138909NB-I00] «La inaplazable modernización del derecho de obligaciones y contratos del Código civil español»
Inicio:
10 de Xullo de 2025
O pasado xoves 10 de xullo de 2025 celebramos no Salón de Graos da Facultade de Dereito o seminario titulado “Persoas con discapacidade, testamento e decisións sobre a saúde”.
Nunha primeira mesa redonda os relatores foron Dna. Inmaculada Espiñeira Soto, Notaria de Santiago de Compostela, que falou de "A capacidade para testar das persoas con discapacidade", e D. Juan Pablo Pérez Velázquez, Profesor Titular de Dereito civil da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, cuxa relatorio versou sobre as "Disposicións testamentarias a favor de persoas con discapacidade".
A segunda mesa redonda estivo conformada por Dna. María Paz García Rubio, Catedrática de Dereito civil da Universidade de Santiago de Compostela, que nos ilustrou sobre o "Consentimento informado e instrucións previas de persoas con discapacidade", e Dna. Eugenia Torres Costas, Profesora Axudante Doutora de Dereito civil da Universidade Complutense de Madrid, que falou sobre "O ingreso involuntario das persoas con discapacidade".
Os catro profesionais puxeron sobre a mesa diversas cuestións de gran utilidade práctica para as persoas con discapacidade, o que se viu reflectido na alta participación que se tivo durante todo o seminario, asistindo máis dun centenar de persoas procedentes dunha diversidade de colectivos, desde profesionais da avogacía ata membros de entidades dedicadas ás persoas con discapacidade. Esperamos que seminarios coma este teñan continuidade no grupo de investigación.
Pódese volver visualizar o seminario aqui: