[Nota do seminario] Perspectivas comparadas sobre a Proposta de Modernización do Código Civil Español de 2023

Ciclo de seminarios sobre la propuesta de modernización del Código Civil español

Información del evento
Dirección:

Sala de profesores, Facultad de Derecho USC

Organiza:
Grupo de investigación de Conflicto Legum. En el marco del proyecto [Ref. PID2022-138909NB-I00] «La inaplazable modernización del derecho de obligaciones y contratos del Código civil español»
Inicio:
17 de Xullo de 2025

O pasado xoves 17 de xullo, os profesores Patricia López Díaz e Íñigo de la Maza Gazmuri, membros da Academia de Dereito Civil da Universidade Diego Portales (Santiago de Chile), impartiron o congreso titulado “Perspectivas comparadas sobre a Proposta de Modernización do Código Civil Español de 2023”.

Durante a sesión abordáronse, en particular, cuestións relativas á vantaxe inxusta e á discriminación contractual, no marco do texto elaborado pola Comisión Xeral de Codificación. A intervención de ambos os académicos permitiu enriquecer o análise desde unha perspectiva comparada, con referencias á experiencia latinoamericana e europea.

O evento celebrouse en formato híbrido: de forma presencial na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e tamén en liña a través da plataforma Microsoft Teams. Contou coa participación de destacados profesores e profesoras de diversas universidades, o que favoreceu un intercambio académico especialmente enriquecedor.

A actividade enmárcase no ciclo de seminarios mensuais organizados polo grupo de investigación De Conflictu Legum, dedicado ao estudo crítico da Proposta de modernización do Código Civil español en materia de obrigas e contratos.

�� Pode acceder ás fotografías e ao vídeo do evento aqui:

FOTOS DE LA ACTIVIDAD