O cumprimento das obrigas na Proposta de modernización: novidades

Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español

Información del evento
Dirección:

Universidad Autónoma de Barcelona

Inicio:
18 de Marzo de 2026

O grupo De Conflictu Legum organiza unha nova entrega do Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español, nesta ocasión coas profesoras da Universidade Autónoma de Barcelona Mª del Carmen Gete-Alonso e Calera y Gloria Ortega Puente, que abordarán o tema "O cumprimento das obrigacións na proposta de modernización de 2023", sinalando as principais novidades na materia. As súas intervencións serán presentadas e moderadas pola profesora Judith Solé Resina, tamén da propia Universidade Autónoma de Barcelona.

 

O evento terá lugar, presencialmente, tanto na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito da Universidade Auónoma de Barcelona como na Sala de profesores da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, o día 18 de marzo ás 12:00, e será retransmitida en paralelo vía Teams.

 

Tras a exposición, ambas as relatoras participarán nunha rolda de preguntas e intervencións cos participantes.

 

As persoas interesadas en asistir —xa sexa de forma presencial ou en modalidade remota— poden inscribirse a través da seguinte ligazón:

Vexa todo