Presentación a estudantes de grao en dereito sobre responsabilidade médica no dereito alemán de contratos

Información del evento
Lugar:
Facultad de Derecho
Organiza:
Grupo De conflictu legum
Inicio:
20 de Setembro de 2023
Finalización:
20 de Setembro de 2023
O pasado mércores 20 de setembro, a estudante de doutoramento da Universidade de Osnabrück, Lena Esser, ditou unha charla a estudantes de grao en dereito da Universidade de Santiago de Compostela, con ocasión da súa visita á casa de estudos polo programa de mobilidade Erasmus.
 
A presentación tivo como obxectivo explicar certos aspectos relevantes do dereito de contratos alemán en relación coa responsabilidade médica, que é o tema obxecto do proxecto de tese da expositora. Así mesmo, a actividade buscou incentivar aos estudantes para participar en actividades de mobilidade internacional para desenvolver novas habilidades.

Título de a exposición: Medical Liability according to §§ 630a et seqq. German Civil Code (BGB)