Seminario "Mujeres y Covid" con motivo do 8 de marzo

Información del evento
Lugar:
Online
Inicio:
8 de Marzo de 2021
Finalización:
12 de Febreiro de 2021
Mujeres-y-Covid

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o grupo de Investigación De  Conflictu  Legum e o Movemento  Carmona pola  feminización do Dereito privado organizan, o próximo día 8 de marzo ás 17 horas, o seminario «Mujeres y Covid» a través da plataforma Microsoft  Teams. A ligazón para unirse á reunión –non se precisa inscrición previa– atópase no programa do encontro.

Nesta ocasión, abordaranse cuestións de actualidade, vinculadas á pandemia do Covid-19, desde unha perspectiva de xénero. Do mesmo xeito, será a ocasión para conmemorar o oitavo aniversario do falecemento dunha das cofundadoras do Movemento  Carmona, Rosario  Valpuesta.

Esta reunión pretender ser a primeira dunha serie de encontros, de periodicidade mensual, nos que trataremos de favorecer un espazo de distendido debate sobre todas aquelas cuestións que afectan o desenvolvemento da vida e as relacións das mulleres baixo o prisma das respostas que ofrece o ordenamento xurídico.

Tras a presentación de cada tema (uns dez minutos aproximadamente), abrirase unha quenda de observacións e preguntas entre quen queira intervir (outros dez minutos). Finalmente, tras abordar todos os temas propostos, unha  relatora, neste caso Judith Solé Resina, expoñerá as conclusións do encontro, que poderán ser tamén obxecto de debate.

Programa "Mujeres y Covid"