[Seminario] A posible integración da contratación por adhesión no Código civil - Ricardo Pazos Castro [23 de maio de 2024]

Ciclo de seminarios sobre modernización del derecho de contratos

Cartel seminario Ricardo pazos mayo 2024
Diseño cartel: Danae Lobos Arévalo
Información del evento
Lugar:
Facultade de Dereito USC
Dirección:

Sala de profesores

Inicio:
23 de Maio de 2024

O día 23 de maio tivo lugar o seminario "A posible integración da contratación por adhesión no Código civil", no que o profesor Ricardo Pazos, da Universidad Pontificia Comillas de Madrid (ICADE), expuxo as súas posicións respecto de como podería ser regulada a contratación por adhesión no Código civil español. A profesora Maria Paz García Rubio, da Universidade de Santiago de Compostela, foi a encagada de abrir o evento, ao que acudiron varios profesores e alumnos da facultade presencialmente, así como aproximadamente unha vintena de persoas, tanto estudantes como profesionais, vía Teams.

O profesor Pazos, tras unha detallada introdución, procedeu a abordar as posibles vías que podía seguir o lexislador español nesta cuestión, centrándose especialmente en sinalar aqueles aspectos de maior transcendencia que habería de ter en conta (a forma de regular a boa fe contractual na materia, o ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación destas normas, etc). Tras isto, de forma máis breve, expuxo como o lexislador francés había regulado a contratación por adhesión na súa lexislación, como ejempo dalgunhas das posibilidades existentes.

Unha vez finalizada a exposición, varios dos participantes procederon a formular preguntas e expoñer as súas dúbidas ao profesor Castro. A todos eles, así como a todos os asistentes, agradecémoslles a súa participación.