Seminario "A relación entre o Convenio Europeo de Dereitos Humanos e os ordenamentos xurídicos nacionales"
Co Prof. Dr. Christoph U. Schmid como relator principal
- Dirección:
Sala de profesores de la Facultade de Dereito ou vía Teams (enlace á sesión)
- Organiza:
- Grupo de investigación De Conflictu Legum
- Inicio:
- 6 de Outubro de 2026
O Grupo de Investigación De Conflictu Legum organiza o seminario "A relación entre o Convenio Europeo de Dereitos Humanos e os ordenamentos xurídicos nacionais: unha reconstrución baseada na teoría da gobernanza multinivel", encontro que se celebrará o próximo 06 de outubro ás 17.00 en Santiago de Compostela, e no que intervirá o Prof. Dr. Christoph U. Schmid, profesor de Dereito económico constitucional europeo, Dereito económico e Dereito privado da Universidade de Bremen, así como director do Centre of European Law and Politics.
O evento realízase baixo a dirección das profesoras María Paz García Rubio e Marta Otero Crespo, ambas da área de civil da Universidade de Santiago de Compostela. Como é usual, unha vez terminada o relatorio maxistral do ilustre invitado, darase quenda de pregunta a todos os asistentes para que poidan participar nun diálogo común.
O evento terá lugar tanto de forma presencial como a través de Teams, ao cal deixamos aquí ligazón.