Seminario De conflictu legum: «O Dereito interrexional español: unha urxente reforma?»

Información del evento
Lugar:
Sala de Profesores, Facultade de Dereito
Inicio:
22 de Novembro de 2017

O próximo día 22 de novembro de 2017 celebrarase un novo Seminario De conflictu legum en colaboración co Ilustre Colexio Notarial de Galicia que versará sobre «O Dereito interregional español: unha urxente reforma?».

Nel o Director do Grupo, Prof. Santiago Álvarez, expoñerá as liñas básicas do Proxecto de Investigación «Balance de 38 anos de plurilegislación civil postconstitucional: situación actual e propostas de futuro ( DER2016-77190- R)», no que se inscribe este Seminario, e introducirá os motivos para a reforma do sistema español de Dereito interregional e as posibles claves para esa reforma.

Seguidamente o Prof. Dr. Jesús Delgado Echeverría, da Universidade de Zaragoza, disertará sobre a «Veciñanza Civil», elemento que foi clave nas relacións interregionales, que parece atoparse nunha certa crise na actualidade e cuxo contido substantivo é obxecto dunha Proposición de Lei pola que se modifica o Código Civil en relación co estatuto persoal e veciñanza civil, presentada polas Cortes de Aragón.

O Prof. Albert Font i Segura, da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, exporá a integración dos instrumentos internacionais na regulación do tráfico interregional. Un tema clásico e controvertido entre a doutrina española que tras as reformas do artigo 9 do Código civil en 2015, precisa dunha urxente clarificación.

Como vén sendo habitual nestes Seminarios, a sempre enriquecedora participación dos presentes completará a sesión.

 

logotipo-proyecto1

mapa-plurilegislacion