Seminario "A asunción de débeda e as relacións accesorias. En particular, o réxime das garantías"

Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español

Información del evento
Dirección:

Sala de profesores, Facultade de Dereito da USC

Organiza:
Grupo de investigación De Conflictu Legum. No marco do proxecto [Ref. PID2022-138909NB-I00] «La inaplazable modernización del derecho de obligaciones y contratos del Código civil español»
Inicio:
10 de Setembro de 2026

O Grupo de Investigación De Conflictu Legum organiza o seminario "A asunción de débeda e as relacións accesorias. En particular, o réxime das garantías", encontro que se celebrará o próximo 10 de setembro ás 17.00 en Santiago de Compostela, e no que a profesora Inmaculada Herbosa Martínez, catedrática de Dereito civil da Universidade de Deusto, abordará o tema que, de forma tan clara, reflicte o título do mesmo.

Este evento, baixo a dirección da catedrática María Paz García Rubio, supón unha nova entrega do xa consolidado Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español, e, como é costume, ao termo da presentación principal todos os participantes, sexa presencialmente ou por vía electrónica, estarán invitados a tomar parte na rolda de preguntas.