A modificación convencional da responsabilidade na Proposta de modernización do Código civil
Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español
- Dirección:
Universidade de Santiago de Compostela
- Inicio:
- 19 de Febreiro de 2026
O grupo De Conflictu Legum organiza unha nova entrega do Ciclo de seminarios sobre a proposta de modernización do Código Civil español, nesta ocasión coa profesora da Universidade de Santiago de Compostela Julia Ammerman Yebra como relatora, que tratará o tema "A modificación convencional da responsabilidade na Proposta de modernización do Código civil".
O evento terá lugar, presencialmente, na Sala de profesores da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, o día 19 de febreiro ás 17:00, e será retransmitida en paralelo vía Teams. Tras a exposición da profesora Ammerman, abrirase unha rolda de preguntas e intervencións dos participantes.
As persoas interesadas en asistir —xa sexa de forma presencial ou en modalidade remota— poden inscribirse a través da seguinte ligazón: