Aprobación de las Directrices de Lisboa sobre Privacidad (ILA Guidelines on the Protection of Privacy in Private International and Procedural Law)

23 de Xuño de 2022

O 23 de xuño de 2022, foron aprobadas formalmente pola International Law Association na súa 80.ª Conferencia Bienal, celebrada en Lisboa (Portugal) as chamadas Directrices de Lisboa sobre Privacidade (ILA Guidelines on the Protection of Privacy in Private International and Procedural Law), elaboradas polo Comité de Protección da Privacidade no Dereito Internacional Privado e Procesual da ILA.

O Comité estableceuse en 2013 a proposta do Prof. Dr. Burkhard Hess (Director do Instituto Max Planck de Luxemburgo) para crear un foro sobre a protección da privacidade no contexto do dereito internacional privado e procesual. A Profesora Marta Requejo Isidro foi unha das expertas internacionais que formaron parte dos redactores das devanditas Directrices.

Marta Requejo é Profesora de Dereito internacional privado da USC, Référendaire no Tribunal de Xustiza da Unión Europea e investigadora do Grupo De Conflictu Legum