Catedrática María Paz García Rubio participa en debate na Radio Nacional Española

11 de Xuño de 2024
O pasado martes 11 de xuño, a catedrática de Dereito Civil e investigadora do Grupo de Conflictu Legum María Paz García Rubio, participou no programa "As tardes" da Radio Nacional Española xunto con don Victorio Magariños, ambos os membros da Sección Primeira da Comisión de Codificación, quen presentou argumentos para manter ou eliminar a lexítima, #cuestión que se debate actualmente na mencionada Comisión.
 
Durante o programa, a profesora García Rubio detívose en distintos argumentos que xustifican manter a institución. En particular referiuse á tradición cultural do Código e a súa relación cos outros países da contorna, explicando que o que se propón é manter a lexítima, pero adecuándoa ás necesidades actuais en atención aos distintos tipos de familias, o que implicaría unha porción máis pequena e flexible.
 
Pode escoitar o debate facendo click na ligazón:
[CLICK] ESCUCHAR DEBATE