Entrevista a María Paz García e Julia Ammerman con razón do 2 de maio na TVG
14 de Abril de 2021
A catedrática de Dereito civil da USC María Paz García Rubio e a Doutora en Dereito Julia Ammerman compareceron no programa A Revista da TVG o día 2 de maio de 2021, Día da Nai. Nese espazo, aproveitaron para debullar algunhas das problemáticas aínda vixentes no Dereito civil en relación coa falta dunha perspectiva de xénero na creación das normas e, sobre todo, na súa interpretación.
Entre outras cuestións, abordaron durante a entrevista a cuestión das mulleres e a súa actuación ante a xustiza por mor da súa condición de "nai soa", o máis habitual tipo de familia monoparental, ou o funcionamento dos permisos por maternidade e paternidade, en concreto o uso e aceptación deste último.