III Xornadas Internacionais “Retos da Política Marítima Integrada da Unión Europea en tempos de incerteza xurídica internacional”

18 de Xuño de 2018

O Grupo De Conflictu Legum coordinou da man dos Profesores Laura Carballo Piñeiro e Javier Maseda Rodríguez, ás III Xornadas Internacionais “Retos da Política Marítima Integrada da Unión Europea en tempos de incerteza xurídica internacional”, celebradas no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo os días 15 e 16 de xuño de 2017. As Xornadas están publicadas por CampusdoMar TV e pódese asistir ás presentación no seguinte enlace:

http://tv.campusdomar.es/series/595126bd1f56a899599c043c

 

J.M.Bosch Editor será o encargado de publicar as presentación en papel e a coordinación da obra correrá a cargo da Profesora Laura Carballo Piñeiro

As Xornadas foron organizadas por a Rede de Excelencia “Novos escenarios xurídicos marítimo-pesqueiros e a protección das xentes do mar” (REDEXMAR), financiada por o Ministerio de Economía e Competitividade e Fondos FEDER (DER 2015-70965-REDT). Ademáis de por De Conflictu Legum, REDEXMAR está conformada por outros tres grupos de investigación procedentes das Universidades de A Coruña, Córdoba, e Vigo, e nos que se integran cerca de cincuenta investigadores nacionais e estranxeiros, con liñas de traballo relacionadas co Dereito do Mar, o Dereito Marítimo e o Dereito Laboral. Ademais, as Xornadas contaron co apoio do Campus de Excelencia do Mar; da Consellería do Mar da Xunta de Galicia; e da Autoridade Portuaria de Vigo.

Vexa todo