Ignacio Varela Castro participa nas xornadas sobre cuestións prácticas na aplicación da Lei 8/2021 organizadas pola Cátedra Extraordinaria de Dereito Rexistral da ULPGC

13 de Marzo de 2026

Durante os pasados días 12 e 13 de marzo celebrouse no Ilustre Colexio de Avogados das Palmas de Gran Canarias as xornadas “Cuestiones prácticas en aplicación da Lei 8/2021, sobre o novo sistema de apoios ás persoas con discapacidade” organizadas pola Cátedra Extraordinaria de Dereito Rexistral da ULPGC.

Entre os relatores estivo Ignacio Varela Castro, quen abordou a cuestión da capacidade para contratar das persoas con discapacidade, a validez e as causas de invalidez dos contratos por elas celebrados e o alcance da tutela da confianza da contraparte na validez do contrato na súa presentación titulada “Discapacidade, ineficacia contractual e protección do adquirente”.

Na súa presentación –ante a complexa regulación sobre a materia plasmada no Código tras a reforma operada pola Lei e en ausencia de xurisprudencia do Tribunal Supremo en aplicación da nova regulación sobre contratos– abordou a cuestión da falta de consentimento da persoa con discapacidade e a da vantaxe inxusta como novo vicio do consentimento ou, mellor dito, como novo mecanismo para analizar a xustiza ou a inxustiza da vinculación das persoas con discapacidade aos contratos por ela celebrados.