Intervención de Margarita Herrero Oviedo no webinario "Interés legítimo y protección de datos"

16 de Xuño de 2021

O pasado día 16 de xuño de 2021, a profesora Margarita Herrero Oviedo interveu no webinario "Interés legítimo y protección de datos" organizado polo Colegio de Registradores de la propiedad de España; encontro que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 160 aniversario da Lei hipotecaria.

Entre outras cuestións, a profesora Herrero Oviedo centrou a súa intervención nos contornos do concepto "interese lexítimo" como requisito para o acceso á información rexistrada, a introdución da protección de datos como criterio para soperar as peticións de acceso ao rexistro, a progresiva ampliación de finalidades polas que se permite acceder ao contido dos libros ou a necesidade de simplificar o número de datos persoais que teñen reflexo nos folios rexistrais e que non son necesarios para que o rexistro cumpra as súas funcións.

Na crónica da xornada pode consultarse con maior pormenor as ideas e conclusións que os relatores compartiron nas súas intervencións e no debate.