Investigadoras De Conflictu Legum participan en Jornada sobre Inteligencia Artificial generativa en el ámbito de la voz

20 de Febreiro de 2024

 

mpaz-garcia julia-ammerman

O martes 20 de febreiro de 2024, as profesoras María Paz García Rubio e Julia Ammerman Yebra participaron nunha Xornada sobre os Aspectos legais da Intelixencia Artificial xenerativa no ámbito da voz. O evento tivo lugar na sede madrileña do despacho de avogados Bird & Bird e a organización correu a cargo da compañía Intelivoz, especializada na creación de valor para as empresas a través da voz.

Nesta xornada analizouse desde as perspectivas tanto empresarial, como dos profesionais da voz, as implicacións legais que ten a implantación das voces sintéticas na industria editorial para a narración de audiolibros.

Participaron Antonio Quirós e Manuel Monterrubio (socios de Intelivoz), Teresa Marcos (locutora da Xeral de Locutores), Raúl Lara (presidente do sindicato de dobraxe ADOMA), Maribel Riaza (Content Acquisition Manager de Storytel), Joaquín Muñoz (socio de Bird & Bird), María Paz García Rubio, (catedrática de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela) e Julia Ammerman Yebra, (profesora de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela). No evento, as integrantes do noso grupo de investigación expuxeron a protección que existe actualmente no noso ordenamento xurídico sobre un trazo da personalidade como é a voz, e as principais cuestións a ter en conta nos contratos que se asinen entre os profesionais da voz e as empresas que exploten as cesións de voz.

 

  Ver Noticia economistjurist