Investigadores de Conflito Legum participan en congreso internacional en Francia sobre incumprimento contractual
Os pasados 7 e 8 de novembro levou a cabo o congreso internacional “A recodification du droit commun de l’inexécution contractuelle” na facultade de dereito da Universidade de Poitiers, organizado polo Institut Jean Carbonnier e o grupo de Conflictu Legum.
Neste encontro, xuristas de distintos países debateron sobre as reformas ou propostas lexislativas que en, os seus respectivos ordenamentos xurídicos, leváronse a cabo para actualizar as regras do incumprimento e o sistema de remedios en favor do acredor. Principalmente comparáronse a reforma do Código civil francés de 2016-2018 e a Proposta de modernización do Código civil español en materia de obrigacións e contratos do ano 2023. Posteriormente, investigadores de Romanía, Bélxica e Canadá realizaron anotacións sobre o estado da cuestión nos seus respectivos ordenamentos
A actividade contou coa participación de diversos membros do grupo de investigación de Conflictu Legum, quen presentou informes sobre diversas institucións en dereito español.
Así a catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, María Paz García Rúbio, referiuse á noción de incumprimento contractual. Pola súa banda, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Lete Achirica, abordou a redución do prezo como remedio ante o incumprimento. Finalmente, o doutor en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Ignacio Varela Castro, tratou a excepción de incumprimento por risco de incumprimento.
Pode consultar o programa do evento na seguinte ligazón.