José Núñez, membro do grupo de investigación De conflictu legum, defende a súa tese doutoral

18 de Xullo de 2025

O día 17 de xullo de 2025, Jose Núñez, membro do grupo de investigación De conflictu legum, defendeu a súa tese doutoral denominada "Acordos de elección de foro insertos en coñecementos de embarque: validez formal e material e extensión de efectos a terceiros", dirixida polo profesor Maseda Rodríguez, membro do mesmo grupo.

O tribunal estivo integrado polo profesor Álvarez González, a profesora Magallón Elosegui e a profesora Requejo Isidro, en calidade respectivamente de presidente, secretaria e vogal. O acto transcorreu da forma prevista e concluíu coa concesión ao doutorando da cualificación de sobresaliente cum laude.