Propostas de modernización do dereito en cuestións que afectan á mocidade

13 de Setembro de 2017

Os vindeiros días 28 e 29 de setembro celebraranse na Facultade de Dereito as Xornadas "Propostas de modernización do Dereito en cuestións que afectan á mocidade"que terán como principais eixes temáticos a discapacidade, os menores, a violencia de xénero, as parellas de feito e as novas tecnoloxías. Contaremos con expertos e representantes de asociacións de menores, discapacitados e vítimas de violencia de xénero, que se distribuirán en catro mesas redondas nas sesións de mañá, e nun taller na sesión da tarde do día 28. Poñeranse sobre a mesa aquelas situacións que necesiten de melloras, tratando que do diálogo e a participación entre todos os asistentes saian propostas para unha mellor regulación destes temas. 

Non é preciso ser estudante de Dereito. A participación será gratuita.

O programa e o libro Propostas de modernización do Dereito están dispoñibles para a sua descarga ao pé desta páxina.

Xornadas financiadas con cargo ao Programa Iniciativa Xove.

 

Direccion_xeral_xuventude       Iniciativa_xove