María Paz García imparte a conferencia inaugural no Acto de Apertura do Curso da Academia Vasca de Dereito
20 de Novembro de 2025
O pasado 20 de novembro, a sede do Colexio Notarial do País Vasco acolleu o tradicional Acto de Apertura do Curso da Academia Vasca de Dereito (AVD-ZEA). A mesa estivo encabezada por Andrés Urrutia, presidente da Academia, acompañado por Maite Barruetabeña, viceconselleira de Emprego Público do Goberno Vasco; Iñaki Subijana, presidente do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco; e Ángel Nanclares, decano dos notarios vascos.
Neste marco, a profesora María Paz García, catedrática de Dereito civil da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do grupo Conflictu Legum, impartiu a conferencia inaugural deste prestixioso encontro.