La liquidación de la sucesión ante la situación de crisis económica
Autor/a:
Mónica García Goldar.
Director/a:
María Paz García Rubio.
Año: 2018
Esta tese, titulada “La liquidación de la sucesión ante la situación de crisis económica”, é un estudo de investigación realizado no ámbito do Dereito de Sucesións que se centra nos puntos fracos dol proceso de liquidación das débedas da herdanza, algúns postos especialmente de manifesto pola recesión económica.
O Dereito de sucesións é, como sabemos, un campo xurídico transversal que afecta a prácticamente todos os ámbitos do Dereito civil: Dereito da persoa ou da familia son os sectores que fácilmente se asocian coa sucesión, por ter causa na morte dun cidadán. Ademáis, e por ter como obxectivo principal o reparto do seu patrimonio, xeralmente entre os seus familiares, tamén ten importantes repercusións no ámbito patrimonial; sobre todo, no que concerne ás obrigas civís, fiscais e mercantís que son, a meirande parte das veces, transmisibles mortis causa aos herdeiros.
É precisamente o ámbito da sucesión nas obrigas do causante o que creemos que xera maior controversia na realidade práctica contemporánea. Baste imaxinar as personas que se atopan hoxe profundamente endebedadas para comprender a importante repercusión que a crise económica tivo no ámbito sucesorio. Non é de extrañar, polo tanto, que a repudiación de herdanzas se incrementase tanto nos últimos anos, tal e como apuntan os datos estadísticos oficiais e os principais medios de comunicación nacionais.
A maior abundamiento, as veces nin tan sequera son as débedas directas ou manifestas do causante as que xeran unha herdanza pasiva, senón as derivadas da prestación de garantías en favor de terceiros, ou as que atopan causa na responsabilidade civil manifesta tempo despois da morte do causante, así como as débedas fiscais ou as derivadas das operacións mercantís do causante. Precisamente porque os notarios e outros operadores xurídicos puxeron de manifesto os “perigos” inherentes a este tipo de débedas ocultas ou descoñecidas, pensamos que era convinte levar a cabo un estudo profundo da cuestión como obxecto da nosa memoria doutoral.
En efecto, as débedas hereditarias descoñecidas ou sobrevidas son aquelas que o herdeiro non coñece nin puido coñecer ao momento da aceptación, como a execución dunha fianza que otorgara o causante en favor dun terceiro ou a indemnización que deriva de responsabilidad civil reclamada con posterioridade ao seu falecemento. Analízanse tamén as consecuencias que as mesmas teñen a efectos fiscais e civís e detállanse solucións nacionais e comparadas que se poden aplicar a este problema. Por último, cuestiónase o fundamento do principio de responsabilidade ultra vires, propoñendo, de lege ferenda, que ou ben o lexislador limite ex lege a responsabilidade do herdeiro por débedas ou, polo menos, prevea unha solución ad hoc para o suposto das débedas descoñecidas, como xa fixo o lexislador francés e neerlandés.