Curso de verán "Es consumidor? Coñece os teus dereitos"
- Place:
- Aula de Informática, Facultade de Dereito USC
- Start date:
- September 1, 2021
- Finish date:
- September 3, 2021
Entre os días 1 a 3 de setembro de 2021, terá lugar o Curso de Verán da USC titulado "Es consumidor? Coñece os teus dereitos".
Entre os contidos que se abordarán atópanse temas tan interesantes e actuais como as garantías dos bens e servizos (incluidos os dixitais), as cláusulas abusivas e prácticas comerciais desleais, ou os dereitos dos pasaxeiros, que se viron tan afectados a consecuencia da pandemia da COVID-19, entre outras cuestións.
Para coñecer o programa con máis detalle, prema aquí.
Outra información relevante:
O curso está recoñecido con 1 crédito ECTS
O importa da matrícula será como segue:
-Taxa xeral: 70 €
-Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €
Prazo de matrícula: de 10 de maio até o 25 de agosto de 2021