"Harmonisation of contract law for an European internal market without the UK"
- Start date:
- April 6, 2017
- Finish date:
- April 6, 2017
Hugh Beale, un dos máximos expertos internacionais en Dereito de contratos, visitará Compostela os días 6 e 7 de abril. Profesor da Universidade de Warwick e Senior Researcher Fellow no Commercial Law Center da Universidade de Oxford, foi membro do grupo de trabajo da área de Ley Contractual da Comisión Europea e editor, xunto con Ole Lando, dos Principios Europeos de Dereito de Contratos. O día 6 de abril, ás 19.00 h, terá lugar no edificio do Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre) a sesión inaugural do Foro Xurídico do CEA, organizado en colaboración coa Facultade de Dereito da USC e o Grupo de Investigación De Conflictu Legum, no que Hugh Beale impartirá a conferencia "Harmonisation of contract law for an internal European market without the UK”. A asistencia é libre previa confirmación no correo electrónico
centro.estudos.avanzados-secretaria@usc.es.
http://www2.warwick.ac.uk/fac/soc/law/people/hugh_beale/
Para acceder ao vídeo da conferencia, clique aquí