Isabel Rodríguez-Uría Suárez
Profesora Axudante Doutora
Universidad de OviedoDereito internacional privado
Isabel Rodríguez-Uría Suarez é Profesora Axudante Doutora de Dereito internacional privado na Universidade de Oviedo, onde se Licenciou no ano 2008. Está acreditada a profesora contratada doutora pola ANECA desde o ano 2021. Foi integrante do Grupo De Conflictu Legum desde setembro do 2008 ata decembro de 2013, contribuíndo cun bo número de actividades e publicacións a diversos Proxectos de Investigación do Grupo. Isabel leu a súa tese doutoral na USC sobre "A lei aplicable aos pactos sucesorios" o 19 de decembro de 2013, obtendo a Cualificación de Sobresaliente cum laude por unanimidade. Traballou durante anos como avogada, fundamentalmente no ámbito de protección internacional e estranxeiría. Actualmente é a Directora da Clínica Xurídica da Universidade de Oviedo.