El interés del menor como derecho subjetivo

Especial referencia a la capacidad para contratar del menor

Boletín del Ministerio de Justicia, año LXX, núm. 2189, pp. 1-59. Año: 2016
Autor/a: Ignacio Varela Castro.
O noso ordenamiento xurídico recoñece unha capacidade de obrar limitada ao menor non emancipado aínda que, ao facelo sen uns perfís correctamente definidos, produce diverxencias entre os textos positivos e a realidade. Parte da doutrina, consciente desta errónea regulación, acudiu a diversas teorías para intentar reparala. Do mesmo xeito, os nosos tribunais, ante tal realidade ineludible, teñen acudido a distintas cosntruccións xurídicas que, en ocasións, foron desafortunadas. Ademais, unha correcta comprensión da capacidade do menor pasa por que fagamos referencia dunha forma máis xeral ao lugar que ocupa na nosa sociedade e ás posibilidades que ten de decidir nos asuntos que lle concirnen.

Partindo desta base, no traballo que se presenta, analizamos, por unha banda, o status do menor atendendo á evolución histórica da minoría de idade, ao concepto de interese do menor, dende o seu tradicional enfoque como principio e dende a súa recente perspectiva como dereito subxectivo, e finalmente ao libre desenvolvemento da personalidade do menor. A continuación, estudamos como se reflicten estes extremos na capacidade contractual do menor, para percibir con maior claridade a súa inadecuada regulación legal, mesmo trala recente reforma operada en xullo de 2015, e expoñer a nosa proposta de lege ferenda apoiándonos na doutrina e a xurisprudencia ata agora sentadas, e sobre todo na xa mencionada consideración do interese do menor como dereito subxectivo.