En contra da desestimación da demanda en ausencia de proba do dereito estranxeiro

Dereito, Revista xuridica da Universidade de Santiago de Compostela, vol. 15, nº 2, págs. 7-40 Año: 2006
Autor/a: Javier Maseda Rodríguez.

Este traballo analiza o tema da ausencia de proba do Dereito estranxeiro orixinalmente reclamado pola norma de conflicto. A escuridade dos preceptos reguladores da aplicación procesual do Dereito estranxeiro (art. 12.6.1 C.c., art. 281.II LEC 2000) dificulta a determinación dos termos nos que debe conformarse a resposta do xulgador neste caso. A desestimación da demanda do actor, como unha das opcións baralladas pola práctica xurisdiccional, non é, ó noso xuízo, unha resposta axeitada. Por una banda, argumentos de orde procesual: non é posible falar dun tratamento procesual fáctico do Dereito estranxeiro; non pode ser entendida como unha sanción á elusión do mandato da norma de conflicto; non equivale a unha causa de inadmisión da demanda; e non é posible concebir a existencia dun novo obxecto procesual. E, por outra, argumentos de orde constitucional material: a desestimación nin é unha resolución sobre o fondo, nin aparece como un dos supostos constitucionais de remate do proceso sin entrar no fondo; non ten sentido nos casos de deber xudicial de colaboración na proba do Dereito estranxeiro, e, no resto, parece sanción excesiva fronte a un incumprimento procesual. A desestimación da demanda ten dificil acougo coa tutela xudicial efectiva do art. 24 CE, con risco de denegación de xustiza.