Obligaciones alimenticias: interacción entre los instrumentos comunitarios y el Convenio de Lugano
Dereito: Revista xuridica da Universidade de Santiago de Compostela, Vol. 27, Nº 2, págs. 9-42
Año: 2018
Autor/a:
Javier Maseda Rodríguez.
Este traballo ten por obxecto a análise das relacións de convivencia entre o Convenio de Lugano de 2007 e os instrumentos europeos reguladores da competencia xudicial internacional, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia de obrigacións alimenticias, especificamente, o Regulamento 4/2009. En tanto que as obrigacións alimenticias achábanse incluídas no ámbito de aplicación material do Regulamento 44/2001, regulador da competencia xudicial internacional, o recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil, a interacción co Convenio de Lugano materializábase a través das súas cláusulas de compatibilidade, en concreto, o art. 73 R. 1215 e o art. 64 CL 2007. Analízase neste artigo se e en que medida a exclusión das obrigacións alimenticias do ámbito de aplicación material do Regulamento 1215/2012, que substitúe ao Regulamento 44/2001 e en favor do Regulamento 4/2009, afecta a esta interacción co Convenio de Lugano.