¿Puede un extranjero acogerse al pacto de definición mallorquín?

El Reglamento 650/2012 y la RDGRN de 24 de mayo de 2019

Ley Unión Europea, núm. 74, de 31 de octubre de 2019 Año: 2019
Autor/a: Santiago Álvarez González.
O presente comentario versa sobre unha recente resolución da Dirección Xeral de Registros e do Notariado que en aplicación do Regulamento de sucesións rexeita a validez dun pacto sucesorio previsto polo Dereito balear (pacto de definición mallorquina) involucrando a unha soa sucesión que afecta a unha persoa de nacionalidade francesa con residencia habitual en Mallorca.
O autor rexeita o veredicto da resolución, critica os argumentos utilizados pola Dirección Xeral de Registros e do Notariado e ofrece unha interpretación alternativa sobre as relacións entre o Regulamento 650/2012 e os dereitos civís autonómicos españois.
A problemática estudada ten certa relevancia se temos en conta o gran número de estranxeiros con residencia habitual nas Illas Baleares e as variadas posibilidades que ofrece a lei balear tanto dende un punto de vista substantivo canto dende a perspectiva fiscal.