Sociedad líquida y codificación
Anuario de Derecho Civil, Tomo LXIX, fasc. III
Año: 2016
Autor/a:
María Paz García Rubio.
Nos tempos actuais da «segunda modernidade» (Beck) ou da «modernidade líquida» (Bauman), caracterizada pola falta de referentes sólidos e a instantaneidade dos problemas e os resultados, a autora pregúntase se estamos ante momentos propicios para a codificación, como idea e como técnica xurídica. Centrada básicamente na materia de obrigas e contratos, analiza a situación da actual «codificación» «neocodificación» ou «recodificación», tanto no ámbito trasnacional, singularmente no seno da Unión Europea, como nos Estados do noso entorno que a teñen acometido; céntrase a continuación na situación en España, onde a coexistencia de tres traballos prelexislativos, respectivamente referidos á modernización do Libro IV do Código civil español, a redacción dun novo Código mercantil e a elaboración do Libro VI do CCCat, convírtennos nun caso verdadeiramente singular no concerto comparado. En todos os referentes enunciados estudia tamén a ubicación e o encaixe do Dereito de consumo. O análise realizado leva á autora a considerar que a idea de código segue sendo útil para a existencia dun sistema de Dereito privado acorde coas necesidades do noso tiempo; nega por elo que se trate de unha «categoría zombi» no sentido resaltado por Beck (unha idea morta, pero todavía viva) e considera que a elaboración dun Código de Obrigas e Contratos (incluido ou non no Código civil), onde se inclúan as bases das obrigas contractuais de todo o Dereito privado e non so do civil, é un anclaxe sólido ó que non se debe renunciar se queremos que o noso ordenamento esté en condicións de competir cos que nos rodean