[Congreso internacional] A proposta reformada para a modernización de obrigacións e contratos

CARTEL CONGRESO JULIO 2024 CONTRATOS
Diseño cartel: Danae Lobos Arévalo
Información del evento
Lugar:
Facultad de Derecho USC
Dirección:

Sala de profesores

Inicio:
9 de Xullo de 2024
Os próximos 9 e 10 de xullo de 2024 celebraremos, como colofón aos seminarios mensuais realizados entre xaneiro e xuño, o Congreso Internacional "A Proposta de Modernización do Código civil en materia de obrigacións e contratos de 2023. Algunhas cuestións previas".
 
No seo do Congreso tratarase o procedemento lexislativo co que se podería acometer a mencionada reforma do CC, a cuestión competencial, a relación da proposta coa lexislación de protección de consumidores, coa lei de condicións xerais da contratación e con outras leis. Ademais, abordarase a relación entre a teoría xeral do contrato e a regulación dos contratos especiais. Na segunda xornada, a do mércores 10 de xullo, expoñeranse os problemas de dereito transitorio en caso de aprobarse a proposta, as cuestións de dereito internacional privado e dereito interregional e, como colofón, lanzaremos ao aire a seguinte pregunta: é tempo de codificar?
 
Para o tratamento destes temas contaremos con expertos relatores provenientes de universidades españolas, italianas e francesas, dado que ao longo das mesas de relatorio trataranse os temas tamén desde a perspectiva do dereito comparado.
 

[Enlace] Inscripción al evento

 
Pode acceder ao texto da Proposta de reforma e revisar a nota do grupo de investigación en aqui:

[Enlace] Nota sobre Propuesta de reforma del Código Civil Español

Propuesta de reforma

IINSTRUCIÓNS PARA O ENVIO DE COMUNICACIÓNS

Poderán enviarse comunicacións sobre algunha das temáticas do congreso, en relación ás materias tratadas na Proposta de Modernización do CC, ao email deconflictulegum.usc@gmail.com como moi tarde o 21 de xuño de 2024.
A relación de comunicantes e o texto das comunicacións publicaranse nesta mesma web. 
Normas formáis:
  • Extensión: As comunicacións deberán ter entre 1500 e 3000 palabras.
  • Idiomas da comunicación: As linguas utilizadas poderán ser o castelán, galego, catalán, portugués, francés, inglés ou italiano.
  • Formato do documento: Tamaño DIN A4; fonte Arial, cambria ou estafes new Roman 12; marxes normais; en formato PDF.
Vexa todo